Cuartos e prezos

Antes de reservar...

Aloxamento recomendado para maiores de 17 anos.

Aloxamento libre de fume.

Casa do Batán non dispón de televisión. Apostamos pola lectura, a tertulia e o silencio.

Wifi gratuito.

Non aceptamos animais de compaña.

Todas os nosos cuartos son exteriores e dispoñen de:
-cama de matrimonio (150x200) con colchóns viscolásticos de alta gama, doble almofadas de fibra e lencería branca de algodón 100 % de calidade superior.
-productos de baño da "Yves Rocher" ou eolóxicos de vinoterapia
-os baños dispoñen de secador, espello de aumento, toallas brancas de algodón 100 % e luz natural. 

Os nosos cuartos 

Habitación superior Lúa Chea

Lúa Chea

A máis amplia. Para os que buscan amplitude e desexan pasar tempo no cuarto.

En tons brancos. Iluminación led especial, baño con bañeira, 2 sofás, escritorio, ben illada acústicamente. 2 ventás con vistás a potín, río e xardín. 
Habitación + baño: 24 m2. 

Prezo máximo por noite: 155 €

 

habitacion-menguante

Cuarto Menguante

Para os que buscan un cuarto no que poder deixarse estar e disfrutar da su luminosidade.

En tons brancos. Baño con ducha de obra, 2 sofás, escritorio. 2 ventás con vistas a xardín e río.
Habitación + baño: 21 m2.

Prezo máximo por noite: 155 € 

 

habitacion-estandar--lua-nova

Lúa Nova

Para os que simplemente buscan un cuarto cómodo e práctico para durmir.

En tons brancos e lilas. Baño con cabina hidromasaxe. 1 ventá con vistas ao cabozo e xardín.
Habitación + baño: 16 m2. 

Prezo máximo por noite: 125 €

 

cuarto crecente 8x6

Cuarto Crecente

Para os que simplemente buscan un cuarto cómodo e práctico para durmir.

En tons brancos e verdes. Baño con bañeira. 1 ventá con vistas ao estanque, río e xardín.
Cuarto + baño: 16 m2. 

Prezo máximo por noite: 125 €

 

Prezos con IVE e almorzos "bos días" engadidos

     

Temporada única todo o ano 2017 (abrimos en marzo e pechamos a finais de outubro)

reservar

O mellor prezo sempre en reservas directas

 -a través do apartado Contacto
-por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
-por teléfono: 982 598 223 / 677 567 798 (anque logo sempre se confirmará por correo electrónico)


Reservar directamente con nós, aparte de garantizarche o mellor prezo, garantizache unha maior axilidade e flexibilidade en caso de modificación ou cancelación dunha reserva, e ademais así xa nos imos coñecendo! ;-)

Política de reservas e cancelación

 

Máis info sobre:

experiencias desayunos como-llegar picnic-batan  contacto     
/

Teléfonos: 982 598 223 / 677 567 798 icono-whatsapp Telegram1    casadobatan@casadobatan.com     Reservar     Cómo llegar     Aviso legal/cookies

Utilizamos cookies para mejorar la web y su experiencia al usarla. Al navegar por ella, acepta el uso que hacemos de ellas. Ver la política de privacidad.

Acepto las cookies de este sitio.